• Acceso intranet
Último dato:  15:01   09/09
OLEAXE
0.5m 10s 246°N
TEMPERATURA
Auga Aire Sensación
16.0°C 8.3°C 6.4°C
VENTO
11.2 km/h ENE
6.0 nós 64°N
17.7 km/h ENE
PRES. ATM. ÍNDICE UV
0.0 hPa
0.0 Máx
8
CHOIVA HUMIDADE
0.0 mm/h 76%
MAREAS
Hora Altura Hora Altura
10:47 0.4 m 04:43 3.8 m
23:20 0.3 m 17:05 4.0 m
Orto Ocaso
06:59 22:17
Bandeira
Análise
Despois de varios meses xa temos Infolanzada operativa. Summer is coming...

Acceso a infocosta

Características

Situada no Concello do Grove, A Lanzada é unha das praias máis emblemáticas e unha das mellores de todo o litoral galego. A calidade da súa area e as súas augas xunto coas súas instalacións permítenlle cumprir dende o ano 1988 os distintos requisitos que outorgan a Bandeira Azul.

Características:

  • Orientación: Sur
  • Dimensións: 2700 m de lonxitude e 40 m de anchura media en preamar
  • Tipo de superficie: Area branca e fina con rochas a ambos os dous lados da praia. Presenta un espazo dunar protexido con abundante flora e fauna ( + información)
  • Características da zona de baño: Augas transparentes e unha temperatura media anual de 12°C con rango de ondas de 0.5 a 6 m. entre días de calma e mal tempo. Ten correntes de resaca na zona centro da praia.
  • Climatoloxía en verán: A praia ten unha temperatura ambiente media de 24°C e atópase ao abeiro dos ventos predominantes do norte.
  • Actividades recreativas e deportivas: bodyboard, surf, wíndsurf, padelsurf, kitesurf, pesca deportiva, artefactos flotantes inchables.

Sabías que...?

  • A Lanzada ten restos arqueolóxicos dun castro marítimo datado no s. VIII a.c. e unha necrópole romana situada no III d.c.
  • No século V a.C, púnicos e fenicios fixeron da Lanzada un dos principais puntos de intercambio de estaño, ouro e salgadura do noroeste da Península Ibérica.
  • No século X, existía un castelo, do que se conservan os restos dunha torre, que foi parte da defensa contra invasións árabes e viquingas e a cuxos pés se enfrontaron Dona Urraca e o arcebispo Xelmírez e sofocouse parte da Revolta Irmandiña.
  • As primeiras noticias escritas sobre os restos arqueolóxicos romanos e mediavais aparecen nas obras de Frai Martín Sarmiento no século XVIII quen supuxo que eran parte de Lambriaca, unha cidade mítica descrita polo xeógrafo Pomponio Mela.
  • Ten unha ermida de estilo románico onde o último sábado e domingo de agosto se celebra a romaxe da Nosa Señora da Lanzada. Nesta celebración realízase o rito do "baño das nove ondas" onde unha muller con problemas de fecundidade báñase nas augas da Lanzada recibindo as nove ondas para despois oir unha misa na ermida.
  • Dominando a praia, o monte Siradella aínda garda entre as súas rochas unha figueira que dacordo coa tradición serviu para colgar D. Juan de la Meca. Ao igual que en Fuenteovejuna, este fidalgo viu como o pobo, motivado por un futuro esposo, tomouse vinganza de todos os seus atropelos. á pregunta do xuíz: Quen matou ao Meco?, o pobo respondeu: Matámolo todos! ". Dende aquel día, meco e meca son os topónimos dos veciños do Grove.

Información medioambiental

A Lanzada garda un dos ecosistemas dunares máis representativos e completos do litoral galego.

Detrás da praia, hai unha vasta sucesión de dunas embrionarias e móbiles con vexetación discontinua. Cara ao oeste, unha cuberta vexetal máis densa fixa as dunas da paso a unha zona máis deprimida onde se localizan as lagoas estacionais. Ao longo desta transición existe un destacado número de especies de plantas, entre elas endemismos ibéricos e, tamén rexionais.

Dende a praia tamén se forma unha duna rampante ao longo da ladeira do monte Siradella debido á acción dos ventos do sudoeste. Este monte situado ao norte da praia presenta os mellores miradoiros, de obrigada visita, dende os que divisar A Lanzada e a Ría de Arousa, varias rutas de sendeirismo e un Centro de Interpretación da Natureza.

Ás costas da praia e formando parte do "Complexo Intermareal Umia-O Grove" está a Enseada do Bao, un asentamento excepcional para un gran número de especies animais, principalmente invertebrados. Moitos curiosos, naturalistas afeccionados e profesionais ocupan habitualmente as súas beiras polo seu excepcional valor ornitolóxico, especialmente de aves acuáticas invernantes. Esta riqueza fixo que este espazo fose incluído no Convenio de Ramsar en 1985 e como Zona Húmida de Importancia Internacional en 1989. A día de hoxe, tamén foi declarado como Zona de Especial Protección para as Aves da Unión Europea e parte da Rede Natura 2000.

Destaca no esforzo por valorar e divulgar a riqueza ornitolóxica das inmediacións de La Lanzada, o proxecto PIO